“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

23 Febreiro 2024

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto xeito, en que fomos vibrando, desde o seu tempo, tódalas xeracións, en Galicia ou lonxe dela: a corda da dignidade para a nosa fala, para o noso pobo e para a nosa terra; a corda da igualdade para as mulleres, para os humildes e excluídos; e a corda da liberdade”.

PROMOCIÓN DO LIBRO EN GALEGO
Follas Novas é unha das librerías máis coñecidas e emblemáticas de Compostela, o seu nome provén dunha das obras de Rosalía de Castro.
Unha mañá paseando polo centro da cidade entrei na librería e por curiosidade baixei os tres pisos que ten, na busca dalgunha lectura nova que me poidera chamar a atención, chegando ao terceiro andar atopei unha edición de Cousas de Castelao á que non me puiden resistir. A dependenta sacou unha das bolsiñas e agachouse no mostrador para buscar algo máis, cando se ergueu díxome:
-Isto de regalo!
Unha pequena escolma de textos de Rosalía nos que Anxo Aguieira lle adicaba estas palabras. Unha iniciativa da Casa de Rosalía coa Fundación Xistral que promoveron este ano unha campaña de promoción do libro galego agasallando 20.000 escolmas rosalianas entre todas as persoas que merquen un libro en galego en calquera libraría de Galiza.


CELEBRACIÓNS POR TODA GALIZA

Celébrase este 23 de febreiro o Día de Rosalía coincidindo ca data do seu aniversario. A idea xurdeu da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega coa idea de festexar a literatura galega, pero a homenaxe foise mesturando coa reivindicación e o orgullo de pertencer á nosa cultura.
Ese arraigo popular dálle relevancia aos actos máis solemnes como a ofrenda floral no sepulcro de Rosalía e a lectura do manifesto que cada ano encarga a AELG a un autor ou autora de prestixio. Carlos Callón será o encargado este ano o sábado 24 de febreiro, ás 12 horas, no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres en Bonaval (Santiago de Compostela), acompañado de música e poemas de Rosalía.
AELG tamén convoca actos na Coruña, Lugo e Vigo para hoxe, igual que a Fundación Rosalía que organiza alboradas en Padrón e Compostela cunha ofrenda floral na porta da casa.
Son moitas as entidades que se suman a esta iniciativa, tendo gran relevancia os centros de ensino onde nenas e nenos lembran a Rosalía dun xeito especial e particular.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.