FAGAL (Federación Alzhéimer Galicia), AGADEA e o Concello de Porto de Son van organizar entre os meses de febreiro e marzo un curso formativo para persoas coidadoras de persoas cunha demencia neurodexenerativa (coidados compartidos). Desenvolverase do 29 de febreiro ao 1 de marzo, en horario de 16.30 horas a 20.30, no local do Club de Xubilados de Porto do Son. Para máis información e para realizar as inscricións as persoas interesadas en participar neste curso poden inscribirse no Departamento de Benestar Social ou na asociación AGADEA Alzhéimer: 672 705 053. Máis datos na web municipal.




