“ADEGA demanda do Ministerio de Industria a exclusión de axudas económicas a dúas pasteiras galegas” – Antón Luaces

08 Febreiro 2024

Celulosas como ALTRI e ENCE, que aspiran a captar fondos PERTE destinados á descarbonización industrial, non  deben recibir do Ministerio de Industria  este tipo de axudas por incumpriren as condicións das devanditas axudas e o marco comunitario. ADEGA esixe que o Ministerio rexeite financiar este tipo de proxectos.

O Goberno central habilitou unha liña de axudas (subvencións e empréstitos) de 3.100 millóns de euros para a descarbonización industrial no marco do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) ás que empresas pasteiras como ENCE e ALTRI presentarán proxectos. Por este motivo, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) chama a atención sobre  as contradicións que amosan proxectos como os de ALTRI que, baixo o pretexto de contribuiren a reducir as emisións e capturar carbono, agochan –

afirman os ecoloxistas- un maior consumo de recursos naturais, unha maior contaminación e a degradación de hábitats  e servizos ecosistémicos chave para mitigar os efectos do cambio climático: xusto o contrario do que pretenden tanto o PERTE como o marco normativo europeo.

O fomento da descarbonización dos procesos industriais e a mellora ambiental son obxectivos do PERTE, que establece axudas para a electrificación de procesos e incorporación do hidróxeno; a xestión enerxética integral de procesos industriais; a redución do uso de recursos naturais ou a captura de carbono. 

Dentro desta última liña de axudas á captura de carbono, inclúense  as solicitudes de ALTRI e ENCE. Porén, unha das condicións que o PERTE establece para o financiamento de proxectos de captura, almacenamento e uso do  carbono é que estes proxectos “non contraveñan o principio de DNSH”.

Este principio de non causar un prexuizo significativo ao medio ambiente (DNSH polas súas siglas en inglés) é unha condición  definida pola Comisión Europea que obriga a realizar unha autoavaliación que asegure que o investimento ou reforma non afecta negativamente a un, ou varios, dos 6 obxectivos medioambientais definidos no Regulamento 852/2020. Este, relativo aos investimentos sustentábeis, establece que eses 6 obxectivos que os proxectos deben respectar  (non afectar negativamente a un ou a varios) para seren considerados investimentos sustentábeis e, consecuentemente, seren financiados polo PERTE, son: mitigación do cambio climático, adaptación ao cambio climático, uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños, transición para unha economía circular, prevención e control da contaminación e protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

Fica moi claro para ADEGA que ALTRI e ENCE  incumpren claramente cando menos catro destes obxectivos, e posiblemente tamén os outros dous.

Como é posible, pregúntase ADEGA, que celulosas como as citadas tenten facer ver  ao Ministerio que os seus proxectos contribúen ao uso sustentábel e protección dos recursos hídricos e mariños, a reducir a contaminación ou a permitir recuperar a biodiversidade dos ecosistemas?.

A natureza dos seus procesos industriais, moi intensivos no consumo de enerxía e recursos naturais como a auga, a forte contaminación que producen, etc. son algúns dos factores que o Ministerio está obrigado a considerar para avaliar  se estes proxectos cumpren cos requisitos de financiamento que a UE establece para recibir fondos PERTE, porque é moi evidente “que non os cumpren”, motivo polo que nen sequera os debería admitir a trámite, como aconteceu cos fondos NextGeneration.

…

Outros artigos

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.