Este mércores chega o final das emisións de Tv en SD.Desde este 14 de febreiro so se emitirá en HD

11 Febreiro 2024

A partir do día 14 de febreiro, a Televisión Dixital Terrestre (TDT) sufrirá o apagamento das canles en SD (definición estándar) tras a obrigación de emitir en HD. A alta resolución chega a todas aquelas canles que ata o momento non emitían en HD, segundo o Real Decreto 16/2023 do BOE, teremos unha imaxe máis clara e nítida (debido ao aumento de píxeles que se mostran) e, á súa vez, deixando libre a banda de 2.6 Ghz necesaria para o despregamento completo de 5G no territorio europeo.

Para poder gozar das canles en alta definición será necesario que a tele sexa compatible co estándar DVB-T2, a segunda xeración do sistema DVB-T utilizado para a emisión da TDT que permite a transmisión de televisión en alta definición (HDTV).
A gran maioría dos televisores dos nosos fogares son compatibles con HD. Pero a maneira máis sinxela de saír de dúbidas é que che fixes se aparecen as siglas HD na programación que esteas a ver ou no menú da guía de TV.

O cambio de SD a HD está a facerse de forma progresiva desde agora ata o 14 de febreiro, que desaparecerá a resolución estándar.

Se a súa tele é moi antiga e non é capaz de emitir en HD, poderás solucionando de dúas maneiras:

Se non ten Internet. Necesitará un decodificador ou sintonizador externo que converta o sinal compatible con DVB-T2. Este conéctase ao televisor a través dun conector HDMI (ou dun euroconector se é un modelo que non conta con HDMI), como podes ver na imaxe. Prezo: a partir de 20 euros.
Se ten Internet. Pode elixir entre usar un decodificador (anteriormente descrito) ou un dispositivo de streaming. Este último aparello, ao ser capaz de transmitir audio e vídeo por internet, darache acceso a moitas máis canles e plataformas (como Netflix, Amazon Prime…). Desta maneira sacaraslle máis proveito á túa tele, xa que a converterás nunha verdadeira Smart TV. Prezo: desde 30 euros.

O Goberno galego dará axudas ás vivendas situadas en zonas de sombra que teñan que adaptar os seus televisores polo apagón TDT SD

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Xunta vai lanzar unha liña de axudas para apoiar ás 4.300 vivendas da comunidade galega, espalladas por 260 concellos, que poderían estar afectadas por estar en zona de sombra e teñen que adaptar os seus televisores tras o apagón da Televisión Dixital Terrestre (TDT) que se vai producir a vindeira semana.

O mandatario galego explicou que a partir do 14 de febreiro, tal e como marcou o Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública, vaise producir o apagón da tecnoloxía SD (standar dixital) da TDT, é dicir, só poderá verse a televisión en alta definición ou HD.

Tal e como aclarou Rueda, a maioría da poboación galega unicamente terá que resintonizar os canais de televisión ou no caso de contar cun aparello anterior ao ano 2011 mercar un pequeno adaptador para poder acceder ao novo sinal. 

O problema, segundo resaltou o presidente, está nas vivendas localizadas nas chamadas zonas de sombra ou áreas de exclusión da TDT zona III. Os veciños destas áreas están a recibir o sinal da TDT por satélite e agora deberán mercar un novo dispositivo cun prezo que ronda, de media, os 400€. Trátase dunhas 4.300 vivendas espalladas por 260 concellos. 

A Xunta trasladou por carta hai dous meses ao Goberno central a súa preocupación pola situación que ían vivir os galegos que residen en zonas de sombra. Rueda lembrou que “é competencia e responsabilidade” do Executivo estatal habilitar axudas para apoiar aos fogares que precisan adaptar os seus televisores á alta definición, pero ante a falta de resposta, a Xunta vai facerse cargo deste gastos. 

Rueda salientou que o Goberno autonómico “vai sufragar o 100%” do custo de renovar os equipos e a instalación nas primeiras residencias, ata un líimite máximo de 400€. Mentres que se son segunda residencias, apuntou que a estes fogares poderáselles axudar ata o 50% do custo, cun límite máximo de 200€.  

O mandatario galego salientou que esta achega terá carácter retroactivo, é dicir, aínda que o cambio de dispositivo se faga antes de que se publique a orde de axudas, bastará con acreditar o gasto para poder recibir a cantidade correspondente despois.

Finalmente, o presidente lamentou “un novo agravio coa poboación rural e as zonas de exclusión social” por parte do Goberno central. “Non lle correspondería á Xunta de Galicia”, indiciu, pero defendeu a habilitación destas achegas por parte da Administración galega, “pola inactividade e falta de axudas ante quen toma a decisión e marca os prazos”, concluíu.

Outros artigos

Mércores con risco de choivas febles

Na xornada do mércores os ventos do oeste aportarán moita humidade do Atlántico. Deste xeito os ceos estarán en xeral moi nubrados, con posibilidade chuvias febles de tipo orballo no litoral norte durante a mañá, extendéndose o resto do territorio co transcurso do...

+

A Deputación convoca oitos dos seus certames culturais para este ano

O Boletín Oficial da Provincia publicou este martes 27 de febreiro a convocatoria de oito dos seus premios culturais para este ano: o Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero; o Antonio Fraguas de artesanía; o Castelao de banda deseñada; o Miguel...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Inseguridade social” – José Manuel Pena

“Inseguridade social” – José Manuel Pena

A Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo da UE (Eurofound) sinala que “os sentimentos de inseguridade en varios aspectos da vida da poboación europea están estendidos, mesmo entre as persoas que están materialmente acomodadas. Os...