A praia do Castro de Baroña (Arealonga) encabeza novamente a listaxe dos mellores areais de España de “Viajes National Geographic”

19 Febreiro 2024

Os tesouros ambientais e patrimoniais da parroquia de Baroña, no concello de Porto do Son, volven aparecer na listaxe de mellores areais de España. Unha vez máis, Viajes National Geographic inclúe a praia de Baroña entre as máis destacadas praias do litoral español, praias que segundo definen dende a prestixiosa revista, son paraxes naturais que “brinda felicidade”.

O referido areal sonense, en concreto, figura no segundo posto da clasificación, acompañando os de Oyambre (Cantabria) e Gulpiyuri (Llanes, Asturias) e precedendo a outra praia galega: a das Catedrais (en Ribadeo).

“Os celtas elixiron este lugar como asentamento pola súa beleza e localización estratéxica. Desapareceron, pero os restos do #CastroDeBaroña permaneceron xunto ao mar alleos ao paso do tempo”, sinálase na crónica.

A praia do Castro de Baroña (Arealonga) tamén figurou na dita clasificación os anos 2023 e 2022, tal e como sinalamos dende este medio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.