A ARE e a hostalería asociada de Rianxo participaron na celebración do Día de Rosalía

26 Febreiro 2024
O Caldo de Groria do Costillar

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) e os establecementos de hostalería asociados sumáronse, este ano, ao proxecto Caldo de Gloria da Fundación Rosalía de Castro co fin de conmemorar o día da poetisa galega.

Esta iniciativa que se leva a cabo desde fai anos, está inspirada no poema Miña casiña, meu lar, no que a autora galega relata a forma humilde de elaborar un caldo e a épica diaria da supervivencia.

Desde a ARE repartiuse, entre os establecementos participantes, o material promocional elaborado pola Fundación, consistente en manteis de papel nos que se recolle o poema de Rosalía e sobre os que se serviron as racións e pratos do caldo, e a cartelería sinalizadora para identificar aos locais participantes.

Os establecementos asociados que participaron no evento foron: Cafetería Saraiba, Café Bar Castelao, Cafetería Náutico Rianxo, Nova Era Cafetería, Bar O Costillar, Restaurante Curral do Marqués, Restaurante Casa Isolina e Parrillada Ourense. Moitos deles serviron o Caldo de Groria ao longo de toda a fin de semana.

Nesta colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, a ARE busca honrar a memoria e o legado da autora galega e promover os valores culturais e gastronómicos da nosa rexión. “A través do Caldo de Groria non só se celebra a poesía e a literatura da nosa terra senón que tamén se destaca a importancia da comida como elemento unificador e transmisor de tradicións”, explicaron dende a patronal rianxeira, lembrando o seu compromiso por “seguir traballando para manter viva a cultura galega, colaborando con outras entidades, promovendo iniciativas e sumando esforzos para preservar e difundir as nosas tradicións”.

O Caldo de Groria do Náutico

Outros artigos

A Deputación presentará en FITUR a súa nova campaña de turismo

O salón FITUR, referente turístico estatal e internacional, será o escenario de presentación da nova campaña de promoción turística da Deputación da Coruña, nun acto previsto para o mércores 22 ás 14h, e que contará tamén co protagonismo da Vía Verde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xustiza, traballo e salario”. Luís Celeiro

“Xustiza, traballo e salario”. Luís Celeiro

Segundo os datos achegados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), as persoasocupadas (traballadoras) en 2024 superaron os vinte e un millóns, unha cifra que sepensaba inalcanzable, pero que aí está, para darlle lustre á acción dos responsables de crearemprego....

“In Memoriam. Jesús Pérez Varela”. Alberto Barciela

“In Memoriam. Jesús Pérez Varela”. Alberto Barciela

IN MEMORIAM. JESÚS PÉREZ VARELA (Redondela, 19 de abril de 1949-Santiago de Compostela, 16 de enero de 2025) Por esas raras cosas contingentes de la vida, caprichosas, inexplicables, también por su enfermedad y aislamiento escogido, nos hemos privado durante años de...