A ABE e o CRCC dan a coñecer os premiados do sorteo e o concurso da proba de remo contra o reloxo SomosBoiro

08 Febreiro 2024

O pasado sábado 27 de xaneiro celebrouse en Boiro a XXI edición da Proba Contra o Reloxo de Remo organizada polo Club de Remo de Cabo da Cruz que leva o nome de #SomosBoiro e na que colaborou a patronal local, a ABE. Para celebralo púxose en marcha un sorteo de 2 premios; 1 pack afeccionado (que inclúe a camisola oficial do CRCC, 2 camisolas cabo somos nos e 1 gorra do CRCC) e 1 bono ABE de 50 €.

Finalmente os gañadores foron:

Pack afeccionado

Alicia Hermo Fernández

Compra realizada en Supermercado Mercamás

Bono ABE 50€

Consuelo Pombo

Compra realizada en Mercafrutas

Para participar só tiveron que realizar unha compra entre o 20 e o 27 deste mes en calquera dos negocios asociados a ABE e rexistrala na web www.abe.gal.

Finalmente foron 361 as compras rexistradas entre as que se realizou o sorteo dos premios.

Concurso de remo

En paralelo a este sorteo o sábado instaláronse no campo de regatas o CRCC uns ergómetros nos que as e os seareira/os puideron demostrar a súa destreza como remeiras/os, competición na que participou o propio presidente da ABE, Daniel García antes de realizar entrega da bandeira a un dos equipos gañadores.

A patronal de Boiro aportou 6 premios de 25€ en Bonos ABE para os mais rápidos que foron:

Roque Carmona Pazo

Brenda Pérez Blanco

Joao Chapela

Eva Val del rio

Roque Carmona

Paula Sieira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.