18F: A PARTICIPACIÓN NAS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA ÁS 17 HORAS É DO 49,17 POR CENTO

18 Febreiro 2024

Censo de votantes da comarca de Barbanza e Muros e Noia:

Participación ás 17 horas:

Ribeira  21.780 ; votou 43,16 % total 9.401

A Pobra censo 7.852 ; votou 48,45 % total 3.805

Boiro: 15.745; votou 45,09 % total 7.100

Rianxo  9.277, votou 50,05 % total 3.805

Porto do Son 7.736 ; votou 46,80 % total 4.643

Muros 7.202; votou 48,30 % total 3.479

Noia 11.844;  votou 51,35 % total 6.083

Outes 5.373; votou 48,94 % total 2.630

Carnota  3.414;   votou 51,31 total 1.752

Lousame 2.755; votou 49,76 % total 1.371

Dodro votou 54,42 % total1.248

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, informou esta tarde de que, ás 17 horas, o 49,17 por cento
dos electores galegos tiñan exercido xa o seu dereito ao voto. Nas eleccións de 2020, a participación a esta mesma hora era de ao redor do 43 por cento.
Na comparecencia, concretou os datos por provincias: na Coruña a porcentaxe é do 48,57 por cento (42,84% en 2020); en Lugo, do 49,75 por cento (41,89% en 2020); en Ourense, do 50,19 por cento (42,69% en 2020); e do 49,34 por cento en Pontevedra (43,6% en
2020).
Está prevista unha nova comparecencia a partir das 21,30 horas para dar conta xa dos resultados provisionais, que se poderán seguir en tempo real na páxina https://resultados2024.xunta.gal e na aplicación móbil.
Tal e como se avanzou esta mañá, a xornada electoral comezou sen incidencias salientables coa constitución do 100 % das mesas electorais: 3951 distribuídas en 2346 locais electorais.
En total, o censo electoral nestas eleccións ao Parlamento galego elévase a 2.693.633 persoas xa que, aos máis de 2,2 millóns de electores censados en Galicia, hai que sumarlle os 476.544 inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA).
Para a recollida da información habilitouse un dispositivo do que forman parte 2.628 representantes da administración, que contan con dispositivos electrónicos para a transmisión de datos da votación dende os colexios electorais ata o centro de
procesamento da información.
A cidadanía poderá ter acceso aos datos en tempo real na páxina web https://resultados2024.xunta.gal e na aplicación móbil, onde se ofrecerán datos do escrutinio provisional a nivel autonómico, provincial, comarcal e por concellos.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.