O Xulgado nº2 de Noia abre dilixencias por un posíbel delito contra os recursos naturais e o medio ambiente pola vertedura do Toconao

10 Xaneiro 2024

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Noia acordou incoar dilixencias pola “posíbel existencia dun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente pola vertedura á costa galega de millóns de bólas de plástico”. A xuíza ordenou oficiar á Unidade do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil para que remita ao xulgado un informe no que se consignen “os datos solicitados en relación coa titularidade da embarcación Toconao, as circunstancias nas que se produciu a perda da carga, o contido da devandita carga, a composición e posible toxicidade dos pélets vertidos, así como o alcance da vertedura e a delimitación da área afectada”.

A titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Noia recibiu as actuacións tras a denuncia presentada polo partido político Podemos, á que se acumulou a interposta conxuntamente pola Fundación Montescola, Ecoloxistas en Acción e a Plataforma pola Defensa do Mar da Comarca Muros-Noia.

O buque mercante Tocano, de bandeira de conveniencia liberiana

Nos autos, que non son firmes, “pois contra eles cabe interpoñer recurso”, a xuíza explica que non están determinadas “a natureza e circunstancias de tales feitos nin as persoas que neles interviñeron”, polo que entende que é procedente incoar dilixencias previas e practicar as esenciais, encamiñadas a efectuar tal determinación e, no seu caso, o órgano competente para o axuizamento.

Noutro auto, a xuíza admitiu a comparecencia, en calidade de acusación popular, de Podemos Partido Político, a Fundación Montescola, Ecoloxistas en Acción e a Plataforma pola Defensa do Mar da Comarca Muros-Noia. A xuíza asegura que os denunciantes “se atopan lexitimados para intervir no proceso como acusación popular dado que, a pesar dos intereses particulares que poidan resultar afectados, o feitos obxecto de investigación no presente procedemento poderían ser indiciariamente constitutivos dun delito contra o medio ambiente e os recursos naturais, no que entran en xogo intereses supra individuais ou institucionais que lexitiman a súa intervención”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.