O programa Muller e Saúde de Boiro comeza o ano con novas accións

16 Xaneiro 2024


O Concello de Boiro desenvolve un novo ciclo do programa Muller e Saúde con actividades destinadas a informar formar en materia de saúde en asuntos que afectan ao benestar físico e emocional da muller. Os cursos son gratuítos e requiren inscrición previa no Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro.

A primeira das actividades que se vai desenvolver é sobre educación emocional, na que se van traballar técnicas de relaxación. A formación vaise desenvolver o luns 29 de xaneiro en horario de 16.30 a 18.30 horas no salón de actos do Centro Social de Boiro.

Outra das actividades que se vai levar a cabo é un obradoiro sobre a alimentación na etapa da menopausia, que terá lugar o martes 20 de febreiro ás 11.00 horas no Centro de Saúde de Boiro.

Estas actividades desenvólvense coa colaboración do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e en consonancia co cumprimento do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

As actividades do ciclo son gratuítas e requiren inscrición previa no Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro mediante o enderezo electrónico cim@boiro.org ou o teléfono 981 84 48 00 ext. 1285.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.