O Pazo de Goiáns acolle este venres a presentación de “Fremosas. Cantigas de amigo e amor”, de Barahunda

16 Xaneiro 2024

O Pazo de Goiáns acolle este venres 19 de xaneiro a presentación do do libro Fremosas. Cantigas de amigo e amor do grupo Barahúnda editado pola Editorial Toxosoutos. Será a partir das 20.30 horas. Intervirán Encarna Pego, Aurora Marco, Helena de Alfonso, Jose Lara Gruñeiro e María Outeiral (concelleira de Cultura de Boiro). Organiza a Asociación Cultural Barbantia coa colaboración do Concello de Boiro e a Deputación da Coruña.

A obra

Fremosas. Cantigas de amigo e de amor, editado polo selo noiés Toxosoutos é o quinto traballo da agrupación Barahúnda e pretende ser, nas súa palabras, “un artefacto musical, literario e divulgativo”. Foi proxectado, na súa orixe, como un disco temático que reunise as cantigas que a agrupación creou a través dos anos, máis as que se compuxeron exclusivamente para esta, “a nosa persoal colección de lírica medieval galego-portuguesa”, explican.

Barahúnda

Barahúnda é unha agrupación madrileña afincada en Rianxo e formada por Helena de Alfonso (voz e composicións) e Jose Lara Gruñeiro (guitarras e composicións), decote acompañados de Txema Mawenya ás percusións e eventualmente doutros músicos. Centran boa parte da súa creatividade artística en reivindicar a tradición das cantigas galego-portuguesas, musicadas pola propia agrupación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.