Doce partidos preséntanse ás eleccions do 18F, dez deles nas catro provincias

17 Xaneiro 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores as 42 listas electorais para as próximas eleccións do 18 de febreiro que enfrontará a un total de 12 partidos, dez deles nas catro circunscricións electorais.

Este total supón unha baixada significativa con respecto a xullo de 2020, cando se presentaron 56 listas en total fronte ás 42 que se rexistraron para estes comicios nas xuntas electorais provinciais correspondentes.

A todas as circunscricións preséntanse: PPdeG, BNG, PSdeG, Sumar Galicia (coalición), Podemos (coalición), Espazo Común Galeguista (coalición), Vox, Pacma, Escanos en Branco e Por un Mundo máis Xusto.

Estas dez listas son as únicas que, así mesmo, se presentan nas provincias da Coruña e de Pontevedra. Desta maneira, as diferenzas prodúcense nas provincias de Lugo e Ourense.

Na provincia de Lugo preséntase, como novidade, Izquierda por Almería, como anunciou en días pasados, mentres que na de Ourense faino Democracia Ourensana (DO), o partido do alcalde da capital, Gonzalo Pérez Jácome.

Con respecto a fai catro anos, unha das novidades é a reorganización do Espazo Común Galeguista, que, por exemplo, agora aglutina a Compromiso por Galicia.

Sumar Galicia e Podemos, por separado, toman a remuda da lista que en 2020 presentou Galicia en Común-Anova Mareas. Podemos, tras votar en contra os inscritos ao acordo con Sumar, preséntase en coalición con Alianza Verde e Recortes Cero.

Democracia Ourensana, que en 2020 non concorreu, faio agora.

PPdeG, BNG, PSdeG, Sumar Galicia, Podemos, Espazo Común Galeguista, Vox, Pacma, Escanos en Branco e Por un Mundo máis Xusto presentan listas nas catro provincias

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.