Correos adopta medidas de reforzo para as eleccións autonómicas ao Parlamento de Galicia do 18 de febreiro

25 Xaneiro 2024
Oficina de Correos no porto de Ribeira

Correos emitiu un comunicado no que informa que está a adoptar “todas as medidas organizativas necesarias para reforzar o servizo en oficinas, distribución e centros loxísticos, de fronte ao correcto desenvolvemento das actividades relacionadas co proceso electoral e o voto por correo para as eleccións autonómicas ao Parlamento de Galicia que se celebrarán o 18 de febreiro”.

En concreto, a empresa reforzará a atención aos cidadáns na súa rede de 2.388 oficinas en toda España, especialmente, nas 166 oficinas de Galicia. Poderanse habilitar portelos exclusivos para eleccións e, se a afluencia así o require, instalaranse no vestíbulo mesas adicionais especificamente destinadas a xestionar o voto por correo.

Ademais, a rede de oficinas dispoñerá de 533 PDAs, 74 delas en Galicia, para axilizar a atención aos clientes nas oficinas con maior afluencia de voto por correo e un empregado encargarase da xestión das colas, atendendo igualmente cunha PDA.

Alén do devandito, potenciarase o uso do sistema de cita previa que xa está a funcionar en 526 oficinas de todo a xeografía estatal, 26 delas en Galicia. Ademais, nas oficinas onde sexa preciso, activarase unha opción no xestor de quendas para “voto por correo”, para priorizar a atención ou canalizala cara a postos específicos, “todo iso para axilizar a atención e reducir as esperas nas oficinas durante o período electoral”, informou a empresa, engadindo que “en canto á rede de distribución contarase con 50 PDAs adicionais, que facilitarán a entrega da documentación electoral, e adaptaranse os roteiros de transporte para a remisión da documentación desde o centro loxístico a todas as unidades de distribución en función das necesidades”.

E tamén se reforzará o servizo en todos os centros loxísticos, incluíndo o Centro de Tratamento Automatizado de Lavacolla (Santiago de Compostela) e o situado no Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas, para a correcta xestión dos envíos internacionais.

Para todo iso, Correos formalizará 450 contratos de reforzo en toda España “para garantir o cumprimento de todas as obrigas de servizo público que lle son encomendadas durante os procesos electorais por ser o operador designado polo Estado para prestar o Servizo Postal Universal”. Estas persoas traballarán atendendo aos cidadáns nas oficinas, repartindo envíos e ocupándose de tarefas loxísticas nos centros afectados.

A xestión do voto por correo inclúe a admisión das solicitudes (por vía telemática ou presencial), a súa entrega nas Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral en Galicia, a entrega en man da documentación electoral remitida polo Censo aos solicitantes, así como a admisión do voto por correo e a súa custodia ata a súa entrega durante a xornada electoral nas mesas electorais correspondentes.

Así mesmo, a colaboración de Correos nas eleccións autonómicas ao Parlamento de Galicia esténdese tamén ao reparto das tarxetas censuais e aos envíos de propaganda electoral, ademais das comunicacións a membros das mesas electorais naqueles municipios onde se asinaron acordos, o envío aos concellos da lista do censo, a recollida de documentación o día das eleccións, etc.

Eleccións Galicia: solicitude de voto por correo ata o 8 de febreiro

Os cidadáns que queiran votar por correo nas eleccións autonómicas ao Parlamento de Galicia poden solicitar ata o día 8 de febreiro (inclusive), vía telemática en www.correos.es ou en calquera oficina de Correos de España, o certificado da súa inscrición no Censo Electoral. A obtención deste certificado é requisito imprescindíbel para poder emitir o voto por correspondencia.

O prazo para depositar o voto por correo, segundo o acordo de ampliación adoptado pola Xunta Electoral Central, estenderase ata o 15 de febreiro, no horario habitual de apertura das oficinas de Correos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...