ADISBISMUR organiza en Outes, este domingo, o seu XIII Festival Benéfico a favor da entidade

12 Xaneiro 2024

A Casa da Cultura do Concello de Outes vai acoller este domingo, 14 de xaneiro, ás 17 horas, a edición número 13 do Festival Benéfico a favor da Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR).

Todo o persoal laboral e as persoas usuarias do centro que a entidade ten en Valadares participarán no festival.

Neste festival interpretaranse obras de teatro, bailes e cancións nas que participarán tanto as persoas traballadoras como as usuarias do centro que ten a entidade en Valadares.

Ademais, proxectarase un vídeo no que se fai balance de todas as actividades que se desenvolveron no centro durante o ano 2023.

Para levar a cabo este festival a entidade ADISBISMUR conta co apoio do Concello de Outes e con empresas colaboradoras como Gadis, Eroski e Cuevas, ademais de contar coa interpretación do grupo as Jaitas Blue que tocarán diferentes pezas ao longo do festival.

As persoas interesadas en asistir a este festival poden facelo tras contribuír cun donativo de 5 euros que lles dará a oportunidade de entrar nun sorteo dunha cesta.

Para quen non poida asistir este domingo ao festival, terá outra oportunidade o vindeiro domingo, o 21 de xaneiro, no Concello de Mazaricos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.