A campaña de vacinación de gripe e covid, que estaba previsto rematara o 31 de decembro, segue ata o 12 de xaneiro. Tendo un incremento no número de casos e un aumento de reunións sociais debido ás festas de Nadal, a Xunta facilitou a oportunidade de que se vacine a poboación diana que non o fixera polo momento.
Desta forma, as persoas de máis de 60 anos, embarazadas e persoas pertencentes a grupos de risco teñen dispoñibles os hospitais públicos galegos para vacinarse de forma conxunta de gripe e covid e, ademais, nos centros de saúde adminístrase a vacina da gripe, dirixida tamén a nenas e nenos de 6 a 59 meses de idade ou persoas fumadoras.




