A alcaldesa de Muros comparte co comisario europeo de Medio Ambiente e Pesca as necesidades dos nosos concellos ante as mareas de plástico

18 Xaneiro 2024

O Concello de Muros foi este xoves 18 de xaneiro protagonista no pleno do Parlamento Europeo pola súa xestión ante a marea de granulados plásticos que chegan ás praias galegas desde o mes de decembro. Convidada polo grupo dos Verdes e pola eurodiputada Ana Miranda, a alcaldesa de Muros, María Lago, participou antes do pleno nunha reunión co comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, o lituano Virginijus Sinkevicius.

“O primeiro é limpar as praias e solucionar a actual crise, pero o comisario manifestounos a necesidade de incrementar os controis sobre o tráfico marítimo de mercadorías como os granulados, co obxectivo de evitar no futuro problemas similares”, explica Lago, engadindo que “tiven ocasión tamén de transmitirlle a necesidade de que as autoridades europeas miren máis e coiden o sector pesqueiro galego, agradecendo a receptividade ás miñas demandas pola súa parte”, engade a alcaldesa.

Muros foi o único concello galego presente no pleno deste xoves, no que se debateu sobre a recente catástrofe ecolóxica en Galicia e sobre os problemas que a contaminación por microplásticos provoca nas localidades costeiras.

Muros foi o primeiro concello de Galicia en pechar coa aseguradora da empresa armadora e coas entidades de voluntariado un plan de limpeza dos pélets de plástico nas praias, que supuxo ademais a contratación de máis de 50 traballadores e traballadoras de Muros.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.