
Na mañá deste luns 15 de xaneiro celebrouse na sede da patronal boirense ABE (Asociación Boirense de Empresarios) o último dos sorteos da Campaña do Nadal entre os 4.916 tíckets de compra rexistrados polos clientes dos negocios asociados entre o 5 de decembro e o 14 de xaneiro. A persoa premiada foi Javier Susavila Otero por unha compra realizada en Calzados Marlú Boiro que recibirá 1.000€ en bonos ABE que poderá gastar, sen caducidade, nos 202 negocios asociados á patronal de Boiro.
Segundo confirmaron fontes da patronal, o deste luns foi o último dos sorteos dunha Campaña Nadal que entregou 2.000€ en Bonos ABE, 4 lotes de produtos da praza de abastos de Boiro e 3 lotes de xoguetes.
Os lotes de xoguetes sorteáronse entre as mais de 800 cartas que os cativos de Boiro depositaron na caixa de correo da ABE e que recaeron en Pablo (10 anos), Gabriela (8anos) e Nerea (9 anos).
A entrega de todos os agasallos celebrarase xoves 18 de xaneiro ás 13:45 hs no salón de actos da ABE.
Para finalizar a patronal boirense agradeceu aos negocios asociados a súa participación na campaña e a todos os clientes que realizaron as súas compras nos negocios locais de Boiro este Nadal, tamén aproveitou para animar “a todos a seguir rexistrando os tíckets de compra en www.abe.gal para acumular puntos e participar en novos sorteos”.



