Xoves con fortes chuvias na primeira metade do día

06 Decembro 2023

A xornada do xoves estará marcada polo paso dunha fronte activa que arrastra moita humidade. Agárdase un día de ceos moi nubrados, con chuvias xeneralizadas e localmente fortes e persistentes na primeira metade do día. Pola tarde iremos quedando con chuvias intermitentes. As temperaturas experimentarán un moderado a notable ascenso. O vento soprará do suroeste forte á primeira hora baixando de intensidade e virando a oeste pola tarde.

Atención para xoves 07: Vento forte do suroeste e chuvia intensa e persistente na metade oeste. Cota de neve situada entre os 1100-1200 metros pola noite.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e do oeste á tarde e á noite, forza 5 a 7 á mañá, 3 a 4 á tarde e 3 a 5 á noite. Media vaga á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 4 a 5 metros á mañá e á tarde e 4 a 6 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Venres con chuvascos e baixa das temperaturas. Temporal no mar

Na xornada do venres seguimos en zona de chuvascos que veñen tras a fronte e que serán localmente treboentos e acompañados de sarabia, ó que hai que engadir a chegada dunha masa de aire polar marítima que fará que algún deses chuvascos sexan de neve, coa cota arredor...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...