Soledad Agra entregou os Premios Igualdade de Xénero da Deputación (con recoñecemento incluído ao CEIP de Outes)

18 Decembro 2023

O MUNCYT da Coruña acolleu este sábado a entrega dos premios Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña. A deputada Soledad Agra (Outes), fixo entrega dos galardóns ás persoas e centros educativos premiados nas diferentes categorías dos certames que organiza a Área de Igualdade da entidade provincial, repartíronse un total de 117.200€. O acto contou tamén coa presenza de Aldao Lado.

O Premio Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero repartiu 15.000€ entre o Colexio de Educación Infantil e Primaria de Outes na modalidade de Educación Infantil; o Colexio de Educación Infantil e Primaria CEIP María Pita en Educación Primaria, e o Instituto de Bacharelato Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

O Concurso de Microvídeos De fronte á Violencia de Xénero, con premios de 1.000€, está enfocado ás violencias dixitais, premiando a rapaces/as de entre 12 e 18 que elaboren unha pílula audiovisual que axude á poboación adolescente a crear debate, reflexión, mobilización e cambio social sobre esta temática. Os gañadores foron Lucía García Amado e Iria Gavilanes Villar, por Detrás das túas palabras e Irene Rama Fraga e Aarón Fernández López, por Apaga o móbil, dos Tilos.

O Premio Luisa Villalta a proxectos pola Igualdade, pola súa parte, destinou 100.000€ a dez propostas que poñen en valor o papel histórico, económico, social e cultural das mulleres: Donas da súa vida, de Nuria Prieto González; Que din as Rumorosas, de María Helga Méndez García; María Barbeito: innovación e resistencia, de Artefeito Produccións; Unha música no insti, de Laura Romero Pereira; As voces das Mulleres, d’ A Antena; Proxecto de investigación escénica e escritura do texto dramático Villamiseria, de María Victoria Teijeiro Álvarez; En clave de muller, de Genma María Pardo Faraldo; Cara ao exilio. Gloria Rodríguez, de La Nuestra comunicación publicitaria; Flores de ferro 2.0 de Melandrainas Creativa e A Nai de Carmen García Facorro.

E, por último, o Concurso de Viñetas Pan e Rosas, en dúas categorías, de 12 a 14 anos e de 15 a 18, con primeiro, segundo e terceiro premio en cada un, con un importe de 100€ en cómics e un iPad, para traballo arredor da conmemoración, premiou, na primeira categoría a Mago Macín; Zebrysta, do Concello da Coruña e Lorem Ipsum, do Concello de Oleiros.

As persoas e centros premiados recolleron os seus galardóns da man da deputada de igualdade nun acto que puxo en valor o traballo individual e colectivo da sociedade civil na loita contra a violencia de xénero. Soledad Agra agradeceu o labor de todos os premiados e premiadas, e fixo un chamamento xeral para a participación nas vindeiras edicións destes galardóns. No caso do Premio Luisa Villalta está aberto actualmente o prazo de presentación das propostas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.