R e Rede Aberta levan Internet de banda larga ao rural de Boiro, Lousame, Muros, Noia, Outes, A Pobra, Porto do Son, Rianxo e Ribeira

05 Decembro 2023

A operadora galega R fixo balance dos seus últimos e relevantes traballos de cobertura despregados no rural galego, marcado, como recordaremos, pola complexa orografía e pola dispersión poboacional. Segundo informou a compañía, a cobertura de banda larga de R na Galicia non urbana xa está presente en 76 novos concellos con tecnoloxía 5G e coa fibra de Rede Aberta en 278 núcleos. Estes avances realizáronse ao abeiro da solución Internet Rural 5G, (a través do mambo Axiña) destinada a cubrir arredor de 300.000 inmóbeis que en Galicia, polas dificultades da orografía das súas contornas, non poden ter acceso á fibra óptica. Entre os concellos onde xa está presente Internet Rural atópanse Boiro, Lousame, Muros, Noia, Outes, A Pobra, Porto do Son, Rianxo e Ribeira.

Segundo explica R, “este servizo innovador permite solucionar estas complexidades e ofrecer aos/ás clientes/as, mesmo de zonas remotas, Internet de alta velocidade para que gocen tamén alí de todos os seus servizos cun elevado nivel de calidade”.

Como dixemos, nos últimos meses R ampliou a súa cobertura de alta velocidade con Internet Rural en 76 novos concellos, e así, os/as habitantes destas zonas nun total de 224 municipios galegos das catro provincias teñen xa accesos de alta velocidade e a posibilidade, por exemplo, de conectar diversos dispositivos á vez nos seus fogares e empresas, traballar de xeito remoto ou gozar dos seus contidos de televisión coa mellor calidade.

R, pioneira coa súa solución converxente 5G fixo e móbil en Galicia

A operadora explica que o servizo Internet Rural fai de R “o primeiro operador que dota dunha solución 5G converxente fixo e móbil a clientes/as sen fibra en Galicia”. O obxectivo é levar esta proposta á maior parte dos fogares diseminados pola nosa xeografía en zonas de difícil acceso. “Na actualidade, o 90 % da poboación galega dispón de cobertura 5G de R e está preparada para facer uso desta tecnoloxía avanzada de quinta xeración”, engade a compañía galega, apuntando que “coa ampliación do novo servizo de Internet Rural neses 76 novos municipios, un total de 224 concellos galegos dispoñen xa da solución de R, que lles permite aos seus habitantes navegaren a altas velocidades, como o fan en 1,7 millóns de fogares cubertos por R con fibra óptica de última xeración”.

“En R”, engaden, “levamos 25 anos despregando fibra, rúa a rúa, no territorio, para dotar a comunidade das mellores infraestruturas de telecomunicacións e situala á vangarda europea e internacional en condicións de competir coas rexións máis avanzadas do mundo a calquera nivel.

Wi-Fi 6 e 5G para minimizar a fenda dixital en Galicia

A nova solución de Internet rural de R fundaméntase, por unha banda, na tecnoloxía 5G, cun router que permite conseguir velocidades de ata 150 Mbps, e, pola outra, no sistema Wi-Fi 6, que facilita, por exemplo, unha experiencia multidispositivo excelente para conectar á vez distintos aparellos cunha latencia mínima, semellante á que terían cunha conexión de fibra (latencia=tempo que tarda en cargar unha páxina, en enviarse un correo electrónico ou en executarse unha acción nun videoxogo en liña).

R informa que “cando nos próximos meses completemos a extensión de Internet Rural en zonas de difícil acceso poderase dispor das vantaxes da alta velocidade e das novas tecnoloxías na práctica totalidade de Galicia, coa conseguinte redución da fenda dixital na comunidade”.

A fibra de Rede Aberta, tamén con R no rural galego

Para ampliar aínda máis a cobertura de banda larga en Galicia e levala a todos os recunchos da comunidade, R asinou recentemente un acordo co provedor galego grosista e neutro de telecomunicacións Rede Aberta, que desprega unha rede ultrarrápida de fibra óptica por todo o territorio. R e Rede Aberta alíñanse na súa arela compartida de lle proporcionar ao rural de Galicia “os medios necesarios para integrarse no mundo dixital e lograr que a conectividade chegue a zonas impensables ata agora”.

“Estamos moi satisfeitos desta colaboración estratéxica con Rede Aberta, que despregou nos últimos tres anos a súa rede de fibra óptica en numerosos núcleos rurais de Galicia. Esta alianza permítenos ampliar a presenza dos servizos de R e chegar a máis fogares e empresas en todo o territorio, reforzando o noso compromiso coa transformación dixital da nosa sociedade. Xuntos/as estamos preparados/as para impulsar o futuro das comunicacións en Galicia”, informou Alfredo Ramos, director de R

Pola súa banda, Pere Antentas, director xeral de Rede Aberta, subliñou a importancia do acordo entre dous operadores de referencia en Galicia; en telecomunicacións e en infraestruturas do rural,

respectivamente: “Con este acordo, as aldeas do ámbito rural gozarán dos servizos de R tal cal o fan na Coruña e en Vigo. É o acordo de dúas empresas que falan e pensan en galego: un río de prosperidade económica para o rural”.

En total, 200.000 inmóbeis de zonas rurais en 278 núcleos de poboación de 86 concellos e nas 4 provincias galegas poderán gozar dende agora dos servizos avanzados de telecomunicacións de R grazas á fibra óptica de Rede Aberta.

“Esta colaboración”, conclúe Ramos, “vén sumar un volume importante de fogares e negocios con fibra que se engaden aos da despregadura propia de R xunto á achega de Internet Rural, o noso servizo de banda larga de calidade con 5G e Wi-Fi 6 que lanzamos o ano pasado”.

Ademais, Rede Aberta resultou adxudicataria recentemente do Plan Único Banda Larga 2023 para as provincias da Coruña e Pontevedra. Isto suporá levar a fibra óptica do provedor galego a aproximadamente outros 30.000 fogares e empresas, o cal anuncia tamén que a súa alianza con R ten aínda percorrido nun futuro inmediato.

224 concellos galegos que xa dispoñen da solución de Internet Rural de R

A CORUÑA (75 concellos): Abegondo, Ames, Aranga, Ares, Arteixo, Arzúa, A Baña, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Coirós, Corcubión, Coristanco, Curtis, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Fisterra, A Laracha, Laxe, Lousame, Malpica de Bergantiños, Melide, Mazaricos, Mesía, Miño, Mugardos, Muros, Narón, Neda, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Oza-Cesuras, Padrón, O Pino, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Touro, Trazo, Valdoviño, Vedra e Zas.

LUGO (46 concellos): Abadín, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Cervo, Chantada, O Corgo, Cospeito, A Fonsagrada, Foz, Friol, Guitiriz, O Incio, Lourenzá, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, As Nogais, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Rábade, Ribadeo, Sarria, O Saviñao, Sober, Triacastela, O Valadouro, Vilalba, Viveiro e Xove.

OURENSE (50 concellos): Allariz, Amoeiro, Arnoia, A Bola, O Barco de Valdeorras, Beariz, Os Blancos, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, O Carballiño, Castrelo do Val, Cenlle, Coles, Celanova, Larouco, Lobeira, Lobios, Maceda, Manzaneda, Maside, Melón, Monterrei, Muíños, Nogueira de Ramuín, Oímbra, Ourense, Paderne de Allariz, Padrenda, Piñor, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, Barbadás, Pobra de Trives, Quintela de Leirado, Ribadavia, Riós, A Rúa, Rubiá, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Sarreaus, Trasmiras, Toén, Vilar de Barrio, Viana do Bolo, Verín, Vilamarín, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

PONTEVEDRA (53 concellos): Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontecesures, Pontevedra, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Outros artigos

O Concello de Boiro organiza un curso de STEAM para a rapazada

O Concello de Boiro ofrece un curso de STEAM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemática) para nenas e nenos, co obxectivo de fomentar a súa aprendizaxe en cuestión de tecnolóxicas básicas. Porase o foco na robótica, na Realidade Virtual, nos drons e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...