Perfecto Rodríguez salienta dende Porto do Son os aforros para as familias que supón a gratuidade das escolas infantís

20 Decembro 2023

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, destacou este mércores 20 de decembro “o importante aforro de máis de 2.000 euros ao ano que supón para os pais a gratuidade implantada pola Xunta en todas as escolas infantís de Galicia e para o 100% do alumnado”. Díxoo durante unha visita á Escola Infantil de Porto do Son, pertencente á rede pública autonómica. OI xerente aproveitou a visita para repasar co alcalde do concello, José Luis Oujo, as recentes melloras levadas a cabo no centro, entre outras a colocación de novos estores.

Perfecto Rodríguez sinalou que “a través da gratuidade a Xunta pon á disposición das familias que viven nos concellos da comarca do Barbanza máis de 800 prazas de 0 a 3 anos totalmente de balde”. Ao respecto, lembrou que “desta medida benefícianse xa desde o curso pasado todas as escolas da comunidade, con independencia de que a súa titularidade sexa autonómica, municipal, de iniciativa social ou privada”. Tamén fixo saber que o vindeiro ano 2024 a Xunta incrementará nun 9% o orzamento destinado a financiar a gratuidade, ata os 60 millóns de euros, para beneficiar a arredor de 31.000 familias. “Galicia”, dixo, “continúa sendo a única comunidade que oferta atención educativa de balde de 0 a 3 anos oito horas diarias de luns a venres e durante once meses ao ano”.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.