Papá Noel visita as parroquias de Porto do Son este sábado 23, acompañado do Coro da Escola de Música local

19 Decembro 2023

Papá Noel incluíu na súa apertada e completa axenda de visitas e encontros coa rapazada os concellos da nosa comarca, tamén as parroquias de Porto do Son. Será o sábado 23 de decembro. O itinerario de Papá Noel polo concello sonense xa foi compartido polo Concello, co obxectivo de garantir que todas as crianzas teñan a oportunidade de velo e mesmo falar con el e expresarlle os seus desexos.

Estes son os horarios (aproximados) e as paradas programadas:

– San Pedro / Casa da Cultura >>> 11:00h – 11:20h

– Xuño / Casa da Cultura >>> 11:35h – 11:50h

– Caamaño / Casa da Cultura >>> 12:20h – 12:40h

– Queiruga / Casa da Cultura >>> 12:55h – 13:15h

– Baroña / Bar 85 >>> 13:30h – 13:50h

– Noal / Fronte á fonte de Cabanela >>> 16:00h – 16:20h

– Nebra / Local da Comunidade de Montes 16:40h – 17:00h

– Portosín / Praza do Curro >>> 17:30h – 17:50h

– Miñortos / Igrexa >>> 18:05h – 18:25h

– Porto do Son / Club Náutico >>> 19:30h

A visita de Papá Noel ás parroquias do concello virá acompañada polo Coro da Escola de Musica de Porto do Son.

O Concello explica que os horarios devanditos son aproximados e que a comitiva fará un esforzo especial para que sexan, finalmente, o máis exactos posíbel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.