O polbo crocante do Restaurante Pepe do Coxo (Freixo), gañador o II Concurso En Outes de Tapas

10 Decembro 2023

A semana pasada o Concello de Outes deu a coñecer a tapa gañadora da II edición do #enOutesdeTapas, certame local impulsado co obxectivo de reivindicar a gastronomía do municipio e visualizar e dinamizar o bo facer do sector hostaleiro. A tapa mellor valorada e que recibiu o premio conxunto dos membros do xurado e dos participantes foi o Polbo crocante (Pulpo crujiente) do Restaurante Pepe do Coxo, do Freixo.

Segundo informou o Concello, nesta edición servíronse case 5.500 tapas (o dobre que o ano pasado) e cunhas valoracións moi altas, tanto por parte dos participantes coma dos membros do xurado.

Dende o Goberno local agradeceron a participación e implicación dos dez locais participantes (Asador Albatros, A de Vila, Pepe do Coxo, Taboleiro, John Turkey, A Nosa Taberna, Casa Amanda, Hostal Viña, Bar O Chouto e Restaurante Fera) o esforzo que fixeron “para mostrar o bo facer gastronómico de Outes”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.