O pasado venres 1 de decembro o alcalde sonense, Luis Oujo, e máis o concelleiro de Benestar Social e Igualdade, Pepe Lijó, fixeron entrega formal das chaves do novo vehículo de Servizos Sociais ás traballadoras sociais do Concello. Segundo explicaron Oujo e Lijó, o vehículo que chega para reforzar a área de Servizos Sociais municipal vén subvencionado pola Deputación da Coruña.




