O Concello da Pobra achega actividades lúdicas á comunidade educativa

18 Decembro 2023

O Nadal pobrense contará tamén con varias actividades lúdicas dirixidas exclusivamente á comunidade educativa. A concelleira do Ensino, Amparo Cerecedo, explicou este luns que se levan unha serie de actuacións ás escolas da educación infantil, aos centros da primaria e ao instituto. As sesións estenderanse do día 18 ao 21 de decembro.

Iniciaranse na escola unitaria do Campo-A Angustia con Cé Orquestra Pantasma. Ao IES da Pobra do Caramiñal irá O Rabelo; a E.E.I. Fernández Varela terá Sérgio Tannus como convidado; Barafunda estará no CEP Pilar Maestú Sierra; e Charo Pita acudirá ao CEP Salustiano Rey Eiras e ás escolas unitarias do Vilariño e A Granxa.

A maiores, no día 21, alumnado do CEP Salustiano Rey Eiras interpretará Xaneiras do Nadal: panxoliñas a partir das 11.30 horas na residencia, no mercado municipal, nos Xardíns de Valle-Inclán, diante da E.E.I. Fernández Varela, fronte á casa consistorial e no centro de día.

Arredor das 12.45 horas reuniranse tódolos cursos no Cantón da Leña para, aproximadamente, ás 13.15 horas, dárlle-lo paso ás doce badaladas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.