Nova quenda de imaxes gañadoras no seo da campaña “Consegue Caramiñas, Comparte Nadal” para as redes sociais

18 Decembro 2023

Novas instantáneas resultaron agraciadas unha semana máis dentro da campaña Consegue Caramiñas, Comparte Nadal da Pobra do Caramiñal. A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, fixo a entrega de cada un dos vales/caramiñas por un importe de 200 euros para trocar nos comercios e negocios locais adheridos.
Trátase dunha acción orientada ás redes sociais, segundo apunta a edil, que sortea 200 euros diarios, así como o gran premio da viaxe familiar a Eurodisney para catro persoas que patrocina a empresa Congalsa.
A dita iniciativa estenderase ata o día 5 de xaneiro e particípase compartindo as fotografías tomadas nos photocall coñecidos como
Recunchos do Nadal nas historias do Instagram, que debe ser público, mencionando a conta @caraminhasnapobra.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...