Mércores chegan as chuvias

26 Decembro 2023

O mércores quedaremos na influencia das baixas presións coa chegada dunha fronte na segunda metade do día. Así, comezaremos a xornada cos ceos parcialmente cubertos, con máis nubes na metade oeste, onde xa se podería rexistrar algún orballo.

A partir do mediodía comezarán as chuvias pola fachada atlántica e cara á noite irán chegando a toda a Comunidade. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, quedando as máximas sen cambios. Os ventos soprarán fortes de compoñente sur, baixando a intensidade moderada á noite tralo paso da fronte.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur, forza 6 a 7 á mañá e á tarde e 5 a 7 á noite. Media vaga. Visibilidade regular á mañá e mala á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.