Manuel Ruiz defende no Senado unha moción na que se pide ao Goberno a rectificación de excluír os produtos do mar da rebaixa do IVE

21 Decembro 2023

O ribeirense Manuel Ruiz defendeu na Comisión de Pesca unha moción do Partido Popular pola que se pide ao Goberno a rectificación de excluír os produtos do mar da rebaixa do IVE. “Non chegamos a entender as razóns do PSOE para continuar
un día máis con esta discriminación cara ao sector pesqueiro e marisqueiro”, afirmou, engadindo que “estamos ante un acto de xustiza ou, se mo permiten, de reparación dunha inxustiza”.

Ruiz, ex-alcalde de Ribeira, é vocal no Senado do Grupo Parlamentario Popular na Comisión de Pesca.

O senador pola Coruña lembrou que “o sector pesqueiro e marisqueiro supón máis de 40.000 postos de traballo directos en Galicia e, a pesar, de estar dedicado a alimentos saudábeis imprescindíbeis, o Goberno ignorou o impacto do incremento dos prezos e a progresiva e rápida diminución do seu consumo. Fixérono desatendendo as demandas do sector e as indicacións dos expertos, que advertiron dos efectos perversos e a competencia desleal doutros produtos fronte aos produtos do mar respecto”.

Na súa intervención lembrou que a bancada socialista é “o único grupo parlamentario que non apoia a medida” e alertou do descenso do consumo dos produtos da pesca do 12% no último ano: “Cómprase menos veces, en menor cantidade e en máis da
metade desa rebaixa é en familias con fillos, cando a inxesta de peixe é unha parte fundamental no seu crecemento”, explicou, engadindo que “a rebaixa do IVE do peixe, marisco e conserva é un caso xusticia social”. Tamén explicou que é unha “reivindicación” de moitos gobernos autonómicos pero tamén unha recomendación da Comisión e Parlamento Europeo: o propio comisario de Economía, Paolo Gentilone, confirmou a “conveniencia” de que o tipo impositivo para os produtos do mar sexa o máis baixo posíbel nos estados membro da UE. E engadiu: “Mentres moitos países efectivamente aplican estes tipos reducidos, o Goberno de Sánchez desatende as recomendacións de Europa, aos expertos e ao sector no seu conxunto”, sinalou Ruiz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.