Máis de 430 persoas participaron na formación sobre ciberseguridade na Rede CeMIT (con obradoiros en Ribeira e Boiro)

29 Decembro 2023

Sesión formativa na Aula CeMIT de Fisterra

Máis de 430 persoas participaron no ciclo formativo sobre ciberseguridade para a cidadanía entre os meses de marzo e decembro deste ano, desenvolvido nunha vintena de aulas da Rede CeMIT. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pechou unha nova edición desta actividade para concienciar á cidadanía, e especialmente ás persoas maiores, sobre os posíbeis riscos da contorna virtual e as medidas para poder previlos.

Durante estes nove meses e baixo o lema O teu día a día en liña, con seguridade, leváronse a cabo 38 sesións formativas en 20 concellos de toda Galicia de xeito presencial nas aulas da Rede CeMIT e no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura. Entre os concellos que participaron na iniciativa de formación atópase o de Ribeira (en outubro) e Boiro (en novembro).

No 2024 está previsto dar continuidade a esta programación.

O obxectivo desta actividade foi “favorecer unha contorna dixital segura” e “afrontar de forma colaborativa os novos retos da cidadanía no seu día a día no marco do reforzo das medidas de concienciación en materia de seguridade dixital e en liña coa Estratexia Galega de Ciberseguridade”.

A Rede Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola axencia autonómica AMTEGA, que conta coa colaboración de 90 concellos. Ten entre os seus obxectivos o de promover o uso da tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación e amosar as vantaxes da sociedade dixital.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.