Entra na recta final o prazo de inscrición do II Concurso de Nadal de Iluminación de Nadal de Porto do son

14 Decembro 2023

O Concello de Porto do Son informou de que está na recta final o prazo de inscrición do II Concurso de Nadal de iluminación exterior de vivendas, no que poden participar todas as persoas veciñas do concello que adobíen o exterior dos seus domicilios situados no termo municipal con iluminación e/ou motivos de Nadal, apreciábeis dende a vía pública.

Haberá premios para as tres mellores propostas: unha cesta de Nadal valorada en 150 euros, unha cesta de Nadal valorada en 100 euros e un lote de Nadal valorado en 50 euros. As inscricións estarán abertas dende o 1 de decembro até este venres 15 de decembro ás 12.00 horas, enviando un vídeo no que se aprecie toda a decoración e a iluminación da vivenda participante á conta de correo culturaportodoson@gmail.com.

O fallo do xurado farase público o 18 de decembro ás 12.00 horas na web e nas redes sociais do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.