A Pobra acollerá un Open Integrado de Tenis de Mesa do Nadal

04 Decembro 2023

O tenis de mesa protagonizará un Open Integrado con motivo do Nadal. Será o 16 de decembro, a partir das 10.30 horas, no Polideportivo Municipal de Venecia. O dito evento contará con tres categorías: menores de 14 anos, sénior e persoas con discapacidade.

O concelleiro dos Deportes da Pobra do Caramiñal, Eloy Sobrido, puco de manifesto o “gran dinamismo deportivo presente na localidade durante todo o ano” que se estende, así mesmo, á época do Nadal.

Tamén enxalzou, na presentación deste evento deportivo, o papel que xogan as asociacións no fortalecemento do mesmo como sucede, por exemplo, coa implicación da Agrupación Deportiva Costa Oeste-Dep. Adaptado (ADECO-DEA), entidade deportiva de carácter social que busca a integración das persoas con discapacidade a través da actividade lúdica e física.

A respecto do devandito, o edil fixo fincapé na importancia de que as institucións públicas sigan na liña de promover valores como a integración social e a igualdade de oportunidades; nesta ocasión, mediante o deporte.

As inscricións poderanse formalizar a través do enderezo electrónico adeco.dea@gmail.com ou antes do inicio da proba na dita instalación deportiva municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.