Venres empeza a tregua na chuvia tras mais dun mes de precipitacións continuas

16 Novembro 2023

O venres quedaremos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con ventos de compoñente sur. Deste xeito, o ceo estará cuberto na franxa atlántica, néboas matinais no interior e con apertura de claros nas provincias de Ourense e Lugo co avance do día. Posibilidade de precipitacións febles no oeste pola noite. As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos en xeral, moderados no litoral noroeste.

Pouco a pouco e tras lixeiras chuvieiras empeza un periodo de tempo seco con sol e temperaturas que empezan a baixar a partir do luns.

meteogalicia

O Noso mar: Vento do sur, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa á mañá, regular á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.