Situación intermedia entre as altas e as baixas presións con circulación do suroeste arrastrando cara Galicia máis humidade. Agárdase un día de ceos parcialmente nubrados, con máis nubes ao oeste e algunhas néboas matinais no interior. Teremos tempo seco en xeral, sen descartar algún orballo nas comarcas costeiras do oeste. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios. O vento soprará de compoñente sur, frouxo en terra e con intervalos moderados no litoral.

O noso mar: Vento do sur á mañá e do sur á tarde e á noite, forza 2 a 4 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 3 á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 2.5 a 3.5 metros á tarde e 3.5 a 4.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



