Ribeira mobilízase este domingo día 26 en demanda dun transporte público digno

24 Novembro 2023

O domingo 26 de novembro, a recentemente constituída Plataforma Cidadá por un Transporte Público Digno para O Barbanza organizará a súa primeira protesta na Praza do Concello de Ribeira ás 12 do mediodía. Esta plataforma, formada por usuarios afectados e representantes de Anpas e outros colectivos, busca solucións ante o deficiente e neglixente servizo de transporte público na zona.

Este colectivo xurdiu a partir da iniciativa de tres veciñas de Castiñeiras que recolleron preto de 3.000 firmas co mesmo obxectivo. Ademais, integrantes de plataformas similares en Ferrol e Vigo puxéronse en contacto con elas para animalas a constituírse oficialmente. Espérase que estoutras plataformas tamén organicen mobilizacións o mesmo día ou en datas próximas en Galicia.

A plataforma buscará presionar á Consellería de Mobilidade e outros departamentos do goberno autonómico para que tomen medidas e cambien a situación. Tamén solicitan á Xunta que corrixa as deficiencias do servizo, que consideran graves e neglixentes, e que sexan máis receptivos ás queixas e denuncias presentadas.

Entre as deficiencias do servizo que denuncian atópanse a falta de puntualidade, incumprimento de horarios, eliminación de liñas de autobuses sen aviso previo/previo aviso, falta de sinalización e marquesiñas nas paradas, ausencia de horarios e falta de claridade nos que hai, escasa frecuencia de autobuses, entre outros problemas. Ademais, demandan horarios acordes ás necesidades escolares e laborais, evitar transbordos innecesarios, coordinación de horarios entre autobuses, suficiente número de vehículos e prazas, e que os vehículos estean adaptados e en bo estado.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...