Pesar en Ribeira pola morte repentina da profesora do Galaxia, Montse Noya

23 Novembro 2023
Montse Noya. R

A profesora Montse Noya, falecía de maneira repentina esta noite na súa vivenda aos 53 anos de idade. A ribeirense levaba toda a vida vinculada ao centro educativo da capital barbancesa, debido a que foi alumna durante moitos anos, e nada máis acabar a carreira incorporouse ao persoal docente.

O funeral levará a cabo nos próximos días e espérase unha gran asistencia de familiares, amigos e antigos alumnos. Sen dúbida, a partida de Montse deixa un baleiro no corazón de todos aqueles que tiveron o privilexio de coñecela e aprender dela.

O colexio Galaxia anunciou que se lle renderá unha homenaxe permanente a Montse, para lembrar o seu legado e a súa importancia na educación de varias xeracións.

O director do colexio, emocionado, destacou o profundo impacto que Montse deixou na comunidade educativa. “Era unha persoa brillante, comprometida e cariñosa. Sempre estaba disposta a axudar e a súa paixón polo ensino era evidente. Imos estrañar moito”.

A docente estaba casada e tiña dous fillos, así como un gran número de amigos e coñecidos debido a que pertencía á familia que durante moitos anos rexentou a pastelería Noiva. Debido ao seu repentino falecemento, os seus restos foron trasladados a Santiago para realizarlle a autopsia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.