O Museo de Artes do Gravado renderá homenaxe a Ribeira con dous obradoiros centrados na técnica do gyotaku

14 Novembro 2023

A Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital (Artes, Ribeira) vai celebrar dous novos obradoiros de gravado, desta volta adicados como homenaxe a Ribeira e a través da técnica do gyotaku. Serán os días 17, 18 e 19 de novembro de 2023 e o 25, 26 e 27 de xaneiro de 2024 no taller do Museo. As prazas destes cursos están completas tendo neste momento unha lista de agarda de máis de 20 persoas. Trátase, en palabras da dirección do Museo, “dun novo éxito destes obradoiros que se levan realizando en Artes dende o ano 2017”.

Os cursos serán impartidos polo catedrático de gravado da Universidade de Salamanca, José Fuentes Esteve e polos profesores Antonio Navarro e Isabel Carralero (Universidade de Salamanca e Instituto Universitario de Investigación en Arte y Tecnología de la Animación).

Horarios dos obradoiros:

• Venres: de 16 a 20 h

• Sábado: de 10 a 14 e de 16 a 20h

• Domingo: de 10 a 14 h

A entrega dos diplomas será ao remate dos obradoiros. Está prevista para as seguintes datas:

Domingo, 19 de novembro 2023, HORA: 13.30 h – LUGAR: Taller de Gravado do Museo.

Domingo, 27 de xaneiro 2024, HORA: 13.30 h – LUGAR: Taller de Gravado do Museo.

Antecedentes e características da técnica gyotaku

Como dixemos, os cursos do gravado enmárcanse na homenaxe a Ribeira que prepara a Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira. Este proxecto concretarase nunha aprendizaxe especial no que a pesca será o tema central do contido das accións formativas.

Nos cursos impartidos anteriormente no obradoiro de gravado formuláronse temas relacionados coa cultura galega como artistas, escritores ou poetas (Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal). “Nesta ocasión”, informa a dirección do Museo, “queremos realizar unha homenaxe a esta cidade que dende hai moitos anos tamén mostrou unha sensibilidade cara a cultura, como se constata coa presenza do Museo de Gravado e a súa intensa actividade expositiva acompañada da súa gran difusión internacional”.

A formulación inicial dos cursos partirá dun procedemento moi antigo de orixe xaponesa chamado gyotaku. Nas súas orixes, os pescadores utilizaban este procedemento para identificar o tipo de peixes almacenados nas caixas das capturas. Para isto pintaban con tinta china un dos peixes contidos en cada caixa e así obtiñan unha pegada sobre un papel que despois pegábase na caixa correspondente. “Este procedemento de transferencia”, engade o Museo, “ten transcendido no tempo con claves artísticas e podemos atopar numerosos vídeos en Internet facendo uso creativo da impresión da pegada gráfica por diferentes creadores”.

Para este curso dobre, o profesor José Fuentes, director do equipo de profesores da Universidade de Salamanca, ten introducido dous elementos que reconducen este modo de crear imaxes en dúas direccións ambas innovadoras. A primeira é, que no proceso orixinal do gravado gyotaku só podemos obter unha pegada única do peixe sobre o papel. José Fuentes propón un proceso da súa invención onde a pegada do peixe se transfire a unha prancha de cobre e se grava cun mordente, de xeito que esa pegada convértese en matriz multiplicábel. Ademais, ao obter unha matriz, podemos aplicarlle numerosos recursos de estampado con cores, encolados ou sobreimpresión.

A este novo proceso de gravado gyotaku o profesor Fuentes engade un segundo aspecto determinante para potenciar o enfoque creativo do curso: a incorporación na formulación da imaxe de elementos que aportan novos significados e que se complementan co rexistro do peixe sobre o metal.

O curso será impartido polo catedrático de Gravado José Fuentes Esteve e polos artistas Antonio Navarro e Isabel Carralero, profesores de Gravado da Universidade de Salamanca.

Outros artigos

O BNG reclama cubrir o 100% dos médicos en Ribeira e Aguiño

A veciñanza de Ribeira volveu mobilizarse este xoves 5 de marzo en defensa da sanidade pública para reclamar a cobertura das prazas sanitarias que continúan vacantes nos centros de saúde do municipio. O ex-alcalde, Luís Pérez Barral, xunto con compañeiros e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.