O Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia presenta o seu novo catálogo de empresas e servizos no Fairway 2023

02 Novembro 2023

A Asociación de Municipios do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia participa esta semana na quinta edición da feira Fairway, o gran foro de profesionais do Camiño que terá lugar ata o 3 de novembro no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia. A asociación participa cun stand xunto á Asociación de Clubs Náuticos de Galicia (ASNAUGA), a Asociación de Amigos do Camiño da Ría de Muros Noia e Sailway, a única navieira de Galicia que opera no Camiño de Santiago.

A Asociación aproveitará para participar no Workshop organizado por Fairway con preto de corenta recoñecidos hosted buyers, operadores e axencias de viaxes que traballan no Camiño de Santiago a nivel internacional. “Nestas reunións aproveitaremos para presentarlles o catálogo actualizado de empresas e servizos do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia”, sinalan dende a dirección da asociación, engadindo que o venres 3 de novembro, ás 11:00 horas, o stand acollerá unha asemblea da Asociación de Municipios do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia; e ás 17:30 horas, unha reunión da Asociación de Amigos do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia. Durante os tres días haberá proxeccións de vídeos promocionais do Camiño, así como do documental O Camiño esquecido.

Na inauguración (este mércores 1 de novembro), Goretti Sanmartín, no seu dobre cargo como alcaldesa de Santiago e integrante da Asociación de Municipios do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia, encabezou a comitiva oficial integrada por Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia; Antonio Leira, responsábel de Deporte e Xuventude da Deputación da Coruña; Cesáreo González Pardal, presidente do Cluster de Turismo de Galicia; e Miriam Louzao, concelleira de Turismo de Santiago. Unha comitiva que foi recibida por Javier Ruíz de Cortázar, presidente de ASNAUGA e Sebastián Valverde, xerente da Asociación de Municipios do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.