O BNG demanda o Goberno que reclame na UE a suspensión do veto ao enmalle e ao palangre

24 Novembro 2023

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, presentou unha proposición non de lei na cámara baixa na que empraza ao Ministro de Pesca, Luis Planas, a que reclame no seno da UE a suspensión do veto ás artes fixas de pesca como o palangre e o enmalle, revisando que a xuízo dos nacionalistas representa “unha inxusta prohibición que naceu dunha decisión adoptada pola UE sen os necesarios informes científicos e socioeconómicos sobre o impacto desta ríxida medida nas frotas pesqueiras e o resto do sector mar industria”.

Ademais, o parlamentar do BNG demanda ao Ministerio que traslade á UE “o firme rexeitamento do Goberno español diante calquera posíbel ampliación das zonas vedadas sen estar acompañadas dos informes e estudos científicos rigorosos e exhaustivos. Tamén deben contar coas análises pertinentes sobre o impacto socioeconómico deste tipo de decisións”.

Outra das cuestións que o BNG salienta é a necesidade de adoptar as medidas precisas para evitar o despezamento de buques e a eliminación de postos de traballo nas frotas afectadas pola prohibición á pesca ás artes de fondo.

“A decisión da UE non contou cos informes científicos serios e rigorosos”, dixo, lembrando que o “golpe tan duro e forte que supuxo para estes sectores pesqueiros a decisión da UE de vedar á pesca 87 zonas de pesca en augas do estado español, Portugal, Francia e Irlanda hai mais dun ano”. Engadiu que “xa daquela as frotas afectadas deron a voz de alarma ante unha decisión totalmente unilateral e inxusta. Agora diferentes estudos veñen a corroborar o que as frotas denunciaban. No camiño sofren o impacto negativo dunha decisión a todas luces arbitraria”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.