Muros presenta a súa campaña “Muros consume consciente” para apoiar ao comercio local e porlle cor ao venres negro

17 Novembro 2023

O Concello de Muros presentou hoxe a súa campaña para impulsar o consumo responsable e o comercio local e de proximidade, facendo fronte ás ofertas das grandes cadeas como o Black Friday.
A campaña, promovida dende o concello e coordinada por varios axentes locais comprometidos como son Espazo A Maceta, Fresco y del Mar, Auga e Sal e Galuriña, presentouse no antigo cine París de Muros coas intervencións de María Lago, alcaldesa de Muros; Laura Eiras, concelleira de Promoción Económica, e Alba Fernández, coordinadora da campaña (Espazo a Maceta).
“Muros Consume Consciente é unha campaña para concienciar sobre a necesidade dun consumo responsable, ademais de apoiar ao comercio local a loitar contra as prácticas consumistas das grandes superficies, que afogan ao comercio de proximidade”, explicou María Lago.
“Consultado o comercio local, todo o sector coincide en que campañas como o Black Friday o que fan é limitar as súas posibilidades e renunciar aos beneficios con moita máis carga de traballo”, engadiu a alcaldesa.
En palabras de Lago, “cremos que hai que darlle unha volta a esta situación, coñecendo tamén a irresponsabilidade que hai detrás destas prácticas consumistas, promovendo un consumo responsable e apoiando á sociedade e o comercio local”. “En definitiva, dándolle cor ao venres negro”, rematou.
Laura Eiras agradeceu “a implicación que desde un primeiro momento mostrou o comercio local” e Alba Fernández apuntou que “a campaña está deseñada para transmitir a mensaxe do consumo consciente dende a comunidade educativa e creando dinámicas de participación cos veciños de Muros”.

Lembrou por último as actividades previstas para os próximos días, “con iniciativas de concienciación cos centros educativos, mesas de debate, exposicións, vestindo de negro os escaparates dos baixos para despois facer instalacións de tape art sobre eles, ou a lectura dun manifesto o próximo venres, 24 de novembro”.

Outros artigos

A rede de praias sen fume de Galicia xa concentra 249 areais e portos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, celebrou hoxe a consolidación en Galicia da Rede de praias sen fume máis ampla de España, concentrando un de cada catro areais libres de tabaco. O titular da carteira sanitaria, acompañado da directora xeral de Saúde...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.