Membros do equipo de Goberno de Ribeira visitan as instalacións da Asociación Ambar

09 Novembro 2023
Vicente Mariño, Luís Pérez Barral e Cruz Rivadulla (no centro da imaxe) na sede de Ambar. Foto de Alba Cambeiro.

O alcalde de Ribeira, Luïs Pérez, o tenente de alcalde Vicente Mariño e a concelleira Cruz Rivadulla visitaron as instalacións da Asociación Ambar, que traballa con persoas con diversidade funcional.

Durante a súa estadía en Ambar, os membros do equipo de Goberno puideron coñecer os programas e obradoiros que realiza a asociación para promover a participación e inclusión social das persoas usuarias. Tamén discutíronse posíbeis vías de colaboración entre a ONG e o Goberno local para mellorar e ampliar os servizos que se ofrecen.

Os membros do Concello expresaron asemade a súa admiración polo labor que realiza a Asociación Ambar e reafirmaron o seu compromiso de apoiar á ONG na súa misión de promover a inclusión e o benestar das persoas con discapacidade na comunidade.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.