Máis de 60 mozas e mozos de Europa danse en cita en Boiro ao abeiro do programa Rural Youth

17 Novembro 2023


O programa Rural Youth of Europe chegou a Boiro esta semana da man da Asociación Amicos, que foi a encargada de organizar un novo encontro Rural Youth Europe Creative Jam. Esta xuntanza celebrouse o xoves 16 e venres 17 de novembro no Pazo de Goiáns,
baixo o título The New European Bauhaus: Society, Equality and Inclusion, onde se deron cita máis de sesenta mozos e mozas de distintos países europeos co obxectivo de atopar solucións innovadoras aos retos que encara a sociedade rural.

O proxecto Rural Youth of Europe arrincou a comezos deste ano 2023, e dende entón as persoas participantes interviron noutros tres encontros realizados en Malta e Galicia. Neles abordáronse cuestións como a xuventude, o emprendemento, a innovación e tecnoloxía e a democracia e a participación xuvenil na mesma.

Agora foi a quenda de Boiro, nunha xornada organizada por Amicos co apoio do Concello. Así, durante os días 16 e 17 de novembro, chegaron ao Pazo de Goiáns arredor de sesenta mozos e mozas europeos de países como España, Portugal, Malta e Rumanía para asistir a un hackaton no que idear solucións de maneira colaborativa aos retos que se lle presentan ao rural
no marco do desenvolvemento sustentable. Ata alí tamén se achegaron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral.

Asemade, nestas xornadas os rapaces aproximáronse ao concepto da Nova Bauhaus Europea, que busca “impulsar a dimensión arquitectónica e o seu valor na mellora da calidade de vida en aldeas, vilas e cidades incidindo no concepto da calidade e na chamada cultura do entorno construído.

Con isto en mente, a xornada contou con obradoiros formativos sobre arquitectura sustentábel e bioconstrución, ferramentas de software libre e ciberseguridade ou videoxogos accesíbeis e inclusivos. Outros puntos fortes foron un roteiro interpretativo das conexións entre o rural e o urbano. As mozas e mozos participantes tamén puideron desfrutar dun magosto con castañas asadas e música tradicional, no que se achegaron de forma distendida a unha costume galega tan arraigada.

Para rematar, o venres 17 de novembro, presentaron ante un xurado os seus proxectos, nos que tentaron dar respostas creativas e innovadoras ás cuestións que se lanzaron durante os dous días de evento.Se ben as liñas xerais destes estarán dispoñíbeis na páxina web do programa Rural Youth of Europe, os proxectos gañadores resultaron Magic Mirror, seguidos de Ife en segundo lugar e Home Keeping no terceiro. A todos eles se lles fixo entrega dun diploma de acreditación.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.