Incendio na gastrocervexaría Penín en Ribeira

19 Novembro 2023
Agrupación de voluntarios y servicio municipal de protección civil-RIBEIRA

O dono da gastrocervecería Penín de Ribeira resultou afectado por unha intoxicación de fume ao apagar o incendio que ocorreu na cociña do establecemento pouco despois das 18.00 horas.

O home, afectado polo fume provocado, foi trasladado en ambulancia polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Ao parecer, sufriu queimaduras nun dos seus brazos. Foi atendido no lugar por persoal médico e logo trasladado en ambulancia. O lume orixinouse na freidora e foron os xerentes do negocio quen logrou extinguir as chamas. Ademais, sacaron a bombona ao exterior para reducir os riscos.

Acudiron ao punto, tras ser informados polo 112 Galicia, os Bombeiros de Boiro, os membros de Protección Civil municipais e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira e a Policía Local. Tamén foron informados os axentes da Policía Nacional e o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Unha vez no lugar, os Bombeiros comunicaron que o lume xa fora extinguido e ían a proceder, xunto cos membros de Protección Civil, coas tarefas de ventilación. Ardeu unha frixideira.

Así mesmo, o persoal sanitario confirmou o traslado do ferido ao Hospital do Barbanza. 

A Policía Local de Ribeira pechou os dous accesos para peóns que conectan a praza de Vigo coa rúa Galicia e o Malecón. Tamén acudiron axentes da Policía Nacional. Debido á falta de persoal no parque de bombeiros de Ribeira para cubrir os servizos mínimos, foi necesario mobilizar ao GAEM e aos bombeiros do parque de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.