Homenaxe á dona e fillo de Valle-Inclán en Cambados

20 Novembro 2023
Acto de homenaxe á dona e fillo de Valle-Inclán en Cambados. Liso González, concelleiro de Cultura de Cmabados, Xaquín de Valle-Inclán, neto do escritor, ANtonio González Millán , director do Museo Valle-Inclán da Pobra; membros da familia Cabanillas

Cambados acolleu a homenaxe a Josefina Blanco Tejerina, actriz que foi a esposa de Ramón María del Valle-Inclán e a Xaquinciño, primeiro fillo varón da unión, falecuido dunha gastroeneteritis aos pouco meses de nacer. Os restos recibiron sepultura no recinto de Santa María Dozo, monumento nacional de carácter histórico- artístico.

A homenaxe celébrase por terciero ano consecutivo en colaboraicón entre o concello de Cambados e os membros do Foro Galicia e Valle-Inclán, entidade de recente creación e que ten como obxectivo poñer en valor o traballo do insigne arousano con obras publicadas en 32 idiomas, e a súa familia en Cambados, vila onde fixara a súa residencia a familia Valle-Incñan Blanco entre 1912 e 1916 antes de trasladarese a Pobra do caramiñan onde fixara a súa residencia entre 1916 e 1925.

Entre os asistentes o acto estaban Liso González concelleiro de cultura da Corporación cambadesa; Xaquín del Valle-Inclán Alsina, neto do escritor; Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal decano do país; o co-fundador do foro Valle-Inclán , Angel Varela Señoráns de Vilabnova de Arousa; membros da familia Cabanillas, Tano e Pitusa; familia Rial Costa encargados desde hai décadas de coidalas tumbas de Josefina e os eu fillo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.