Galicia rexistrou un mes de outubro extremadamente cálido e moi húmido

07 Novembro 2023

Galicia rexistrou un mes de outono extremadamente cálido e moi húmido, tal e como recolle o avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia.

Este outubro quedou caracterizado polas altas temperaturas na primeira metade do mes. Ata o día 12, as altas presións no norte da península achegaron aire cálido procedente da África setentrional e trouxeron unha estabilidade que non se rompería ata o 13. Neste momento, a situación cambiou bruscamente pola entrada da primeira borrasca activa, que deixaba chuvias xeneralizadas en toda a Comunidade e daba paso a unha tempada moito máis suave que non chegou a compensar o calor das dúas primeiras semanas.

Así, do día 15 ata o final de outubro, sucedéronse varias borrascas, entre as que destacaron Babet, Aline, Celine e, en menor medida, Bernard —que apenas afectou a Galicia—. Ademais de intensas precipitacións, ocasionaron fortes ventos que marcaron a segunda metade do mes. En definitiva, máis días de chuvia e moita máis precipitación acumulada do que a media histórica podía invitar a esperar desta época.

Por zonas, os valores de temperatura máis elevados recolléronse nas ribeiras do Sil e o Miño ourensán, cuxa temperatura máxima oscilou, de media, os 22,9 e 23,7 ºC. Pola contra, os máis baixos, comprendidos entre 15,3 e 17,5 ºC, rexistráronse nas zonas máis elevadas da Comunidade, como son as Serras do Courel, de Queixa ou de Eixe.

As precipitacións, ao mesmo tempo, tamén foron moito máis elevadas do agardado. A pesar de que os primeiros 12 días foron secos, as borrascas consecutivas ata final de mes fixeron que a precipitación media acumulada acadase os 389 l/m2, dándose os valores máis altos na vertente atlántica, onde o máximo absoluto foi superior aos 1000 l/m2.

Con respecto ao período de referencia 1981-2010, as chuvias acumuladas de forma xeneralizada en toda a Comunidade foron un 127% máis altas que a media, tendo só un precedente máis húmido no ano 1987. De igual xeito, para o caso da temperatura media, a anomalía foi de +2,7 ºC, só superado en toda a serie polo ano 2014, polo que a conclusión é que este mes de outubro foi extremadamente cálido e moi húmido.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.