Entran na recta final as obras de rehabilitación do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, en Dodro

21 Novembro 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Dodro, Xavier Castro, supervisou os días pasados o resultado das obras de rehabilitación do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. As obras, que están case rematadas, implicaron un investimento de 1,4 millón de euros. A actuación, materializada a raíz dunha demanda da Unión Veciñal de Dodro e impulsada polo Concello e o Goberno galego, supuxo a rehabilitación integral de todo o edificio.

O obxectivo final foi “mellorar a eficiencia enerxética e a comodidade dos usuarios”. En termos máis concretos, renovouse toda a envolvente do edificio que inclúe desde as fachadas, ás cubertas ou a carpintería. Substituíronse tamén todas as luminarias e habilitáronse novas ramplas e pasamáns coa finalidade de mellorar a accesibilidade.

Segundo explicaron, na actualidade estase rematando coa construción dunha pérgola na zona de acceso que substitúe a existente entre o edificio de primaria e secundaria. A obra tamén contempla actuacións no interior do inmóbel, coa reforma dos aseos de primaria e coa renovación da biblioteca actuando para que os espazos sexan máis iluminados e ventilados e renovando o chan.

Toda a obra encaixa no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta de Galicia que, segundo sinalou Trenor, ten como “obxectivo principal impulsar novos espazos escolares máis innovadores, sustentábeis e confortábeis, acordes cos novos retos de futuro da educación”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.