Detido o ladrón que desvalixou un coche en Ribeira e levou mais de mil euros de botín

16 Novembro 2023

A Policía Nacional detivo ao presunto autor dun roubo cometido fai dez días nun coche que estaba estacionado na praza dos Mariñeiros, e do que levou un botín valorado nuns 1.200 euros. Segundo recolle La Voz de Galicia o turismo pertence a Lida Álvarez, unha veciña de Aguiño que viñera a pasar a fin de semana á capital barbancesa e estacionara o vehículo un momento para facer uns recados.

No interior levaba o computador do traballo e dous bolsos repletos de roupa e obxectos persoais, e o que máis lle preocupaba era a información que gardaba no portátil e o uso que o delincuente podería facer dela. Segundo relatou, o coche non sufrira ningún contratempo, posto que o ladrón llas apañó para abrir o maleteiro sen forzar a fechadura.

A Policía Nacional puido recuperar as pertenzas que xa lle foron devoltas á propietaria e procedeu á detención do delincuente.

Outros artigos

Cáritas Ribeira segue coa recollida solidaria de alimentos

Cáritas Ribeira segue coa recollida de alimentos que durará todo o mes, excepto Gadis que o fará ata o día 16 pero actualmente en trámites de ampliación. Cáritas Ribeira segue coa recollida de alimentos, unha campaña que durará todo o mes. A organización busca axudar...

+

Luns con chuvias e lixeira baixa térmica

O luns continuamos nunha situación intermedia entre un anticiclón e unha borrasca polo que o ceo estará cuberto e precipitacións febles e persistentes en Fisterra, Muros, Noia, Barbanza, Santiago e norte do Salnés. Pola noite a chegada dunha fronte fría deixará...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión