Comeza en Ribeira e O Son a novena edición do Obradoiro de Emprego Tahume

24 Novembro 2023

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, a concelleira de Emprego, Veva Betanzos e José Manuel Deán Pouso e Juan José Calo Miranda, concelleiros de Porto do Son, presentaron este venres 24 de novembro a novena edición do Obradoiro de Emprego Tahume na Casa da Cultura de Xuño

Segundo explicaron, a iniciativa é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e co-financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social, e promovido polo Concello de Ribeira xunto co Concello de Porto do Son.

As especialidades a impartir este ano son, por unha banda, Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e, pola outra, Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. O alcalde ribeirense, Luís Pérez, destacou a importancia destes talleres “que ofrecen oportunidades de emprego real na nosa comunidade” e contribúen ao desenvolvemento económico. E engadiu: “O investimento neste tipo de programas non só beneficia aos participantes directos, senón que tamén deixa unha pegada positiva a longo prazo na contorna natural e social dos municipios”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.