Clausurada a edición 22-23 do Programa Integrado de Emprego no que participaron Dodro, Rianxo, Padrón, Valga, Rois e Pontecesures

21 Novembro 2023

O Pazo de Lestrobe, en Dodro, acolleu a semana pasada clausura do Programa Integrado de Emprego 2022/23 que agrupou nesta edición aos concellos de Padrón, Rianxo, Valga, Rois, Pontecesures e Dodro. Como lembraremos, o programa foi co-financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).

O obxectivo primordial foi “mellorar a empregabilidade de persoas en situación de desemprego dos concellos implicados”. A iniciativa tivo unha marcada vertente dixital. De feito, unha das súas liñas de actuación foi a formación para o desenvolvemento de competencias tecnolóxicas que favoreceran a incorporación ou reincorporación ao mercado laboral.

En segundo lugar traballouse na orientación laboral individualizada ao longo do programa. Para rematar buscouse a intermediación laboral coas empresas da contorna durante os doce meses de duración.

En todos estes procesos investíronse máis de 1.000 horas de cursos, talleres, visitas a empresas, etc.

Xornada de clausura

A xornada de clausura desenvolveuse con un formato de charla coloquio empresarial. Nela participaron o secretario territorial da Xunta de Galicia na Coruña, os alcaldes e a alcaldesa de todos os concellos da agrupación, e o persoal de recursos humanos de compañías colaboradoras co Programa, en concreto, Aluminios Cortizo S.A; Financiera Maderera S.A; SIF Servicios, S.L.; Ana Muñiz S.L., e Pousadas de Compostela S.L..

O representante da Xunta, Severino Álvarez Monteserín. destacou a importancia da implicación, tanto dos concellos como da iniciativa privada, para o éxito destas actuacións. Os rexedores, pola súa banda, puxeron en valor “o esforzo de todas as persoas participantes, así como do persoal do programa” e agradeceron “a colaboración de todas as empresas participantes, un elemento esencial no transcurso do programa”.

Nesta edición atendéronse 107 persoas de todos os Concellos participantes (30 de Padrón, 27 de Rianxo, 14 de Valga, 14 de Dodro, 14 de Pontecesures e 8 de Rois), e logrouse unha porcentaxe de inserción superior ao mínimo esixido (35%), de 40 persoas.

Outros artigos

Terbutalina presenta este venres “Era Cabra” na Sala Malatesta

Este venres día 8 de decembro, a partires das 21 h, celebrarase en Santiago, na Sala Malatesta, unha festa con empanada, vinilos, camisetas e moito rock. Así presentan a banda muradá (de Esteiro) Terbutalina a súa posta de largo de Era Cabra en Compostela. A piques de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

Me siento plácidamente en una butaca y más que soñar me pongo a mirar atrás, muchos años atrás, años vivido en una infancia llena de necesidades, pero pletórica de imaginación. Y sin llorar me pongo a recordar, aquellos barquillos en forma de cono o planos que en...

“Facer cola”. Xulio Xiz

“Facer cola”. Xulio Xiz

A venda de lotería polo Nadal provoca colas que se ata hai pouco se formaban os días previos ao sorteo agora, igual ca todas as celebracións, se amplían de maneira que xa hai que facelas para mercar un boleto que pode facernos ricos, de paso...