Bucanero representará no Teatro Cine Elma a segunda das funcións incluídas no ciclo teatral de novembro

06 Novembro 2023

As táboas do Teatro Cine Elma prepáranse para unha nova sesión teatral no domingo 12, ás 19.00 horas. Bucanero achegará a súa Sesión continua, unha homenaxe ao celuloide que fará un percorrido por filmes como 2001: unha odisea no espazo, O resplandor, Pulp Fiction, Febre do sábado noite, Instinto básico ou Psicose, entre outros. O deseño das luces e o traballo das actrices e actores son os piares desta aposta innovadora.

Trátase da segunda función no seo do ciclo teatral do mes de novembro que organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Con relación a isto, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, refírese “á boa acollida das artes escénicas por parte do público pobrense, especialmente durante o outono e o inverno.”

O acceso é libre ata completar a cabida da instalación municipal, segundo informaron dende a Concellería de Cultura da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.