A Xunta entrega desfibriladores a Protección Civil da Pobra do Caramiñal e Muros

29 Novembro 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, participou este mércores 29 de novembro na entrega de catro desfibriladores externos semiautomáticos destinados a reforzar o material dos servizos de emerxencias municipais. Segundo sinalou Trenor, con esta cesión complétanse as dotacións solicitadas polos concellos de menos de 20.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Os catros equipos entregáronse aos concellos de Negreira, Santa Comba, Muros e Pobra do Caramiñal.

O equipamento entregado inclúe un desfibrilador externo cun mínimo de dous xogos de parches de electrodos, un xogo de dúas baterías, cable de conexión a porto USB, kit de reanimación cardio-pulmonar e mochila impermeable.

Segundo explicou Trenor, o DESA é un aparello electrónico portátil “sinxelo de manexar que identifica e trata a parada respiratoria”. A súa efectividade, engadiu, “radica na identificación automática da fibrilación ventricular ou a unha taquicardia ventricular sen pulso restablecendo un ritmo cardíaco efectivo electricamente; ademais é moi eficaz para a maior parte dos chamados paros cardíacos, que na súa maior parte son debidos a que o corazón fibrila e o seu ritmo non é o adecuado, estes equipos basicamente devolven o ritmo adecuado ao corazón”.

A Xunta dota así ás AVPC dun recurso para actuar dunha maneira coordinada cos profesionais do 061, conseguindo gañar tempo na atención ante unha parada cardíaca, ao intentar que o paciente aguante á chegada dos servizos profesionais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.